Pāla
Pāla
Dinastía hindú que reinou en Bengala entre os ss VIII e XII. O seu fundador, Gapala, chegou ao poder nun período de anarquía. Foron reducidos polas dinastías dos Sena e Gāhadavāla. Os monarcas máis importantes desta familia foron Devāpāla (s IX) e Rāmapāla (s XII).