Koryo
Koryo
Dinastía coreana fundada no s X por Wang Kon, que lle deu nome á península de Corea. Loitaron pola unificación territorial, reorganizaron a administración e redistribuíron a terra. En 1225, antes da gran invasión mongola, os últimos Koryo convertéronse en vasalos dos mongois. A rebelión do xeneral Li-Song-gye (1392) provocou a caída da dinastía e a chegada dos Li.