Áxidas

Áxidas

Dinastía espartana que provén do semimítico Rei Axis (s XI a C) do que se aseguraba que descendía de Heracles (o Hércules latino). Os Áxidas dirixiron a primeira Guerra de Messenia e gobernaron coa familia dos euripóntidas, integrando a diarquía que reinou en Esparta dende mediados do s VI ata a segunda metade do s III a C. Os máis célebres foron Cleómenes I (520-490), Leónidas I (490-480), que personificou o heroísmo espartano polo valor que amosou nas Termópilas e Pausanias, vencedor dos persas en Platea (479 a C).