Temas
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao pé do Monte de la Esperanza (15.271 h [2001]). Esténdese desde o centro da illa ata a costa oriental. A agricultura é o recurso económico principal, sobre todo o cultivo de tomates destinados á exportación. Tamén hai produción de patacas, plátanos, algodón e tabaco. Do seu patrimonio cultural destaca o parque etnográfico das pirámides de Güímar.
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no SL da provincia (2.690 h [2001]).
Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga (2.505 h [2001]). O canal de Castela, que atravesa o municipio, facilita a agricultura de regadío (hortalizas, patacas, remolacha), pero tamén se manteñen cultivos de secaño (leguminosas e vides). A gandería dedícase maioritariamente á produción de la. A industria predominante é a alimentaria e a téxtil.
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, regado polo Guadalfeo, situado ao N de Motril (2.580 h [2001]).
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (5.210 h [2001]). Ademais da agricultura e a gandaría, destaca a industria téxtil e a metalúrxica.
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado entre Sierra Morena e a serra de Aracena (5.206 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveiras e cereais), na gandería e nas industrias cárnicas, particularmente as de elaboración de derivados porcinos e ovinos, como xamóns, queixos ou embutidos. Tamén destaca o sector téxtil, especialmente o do coiro. Fundado probablemente polos turdetanos, trala dominación árabe pertenceu á orde dos Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo (s XIII) e as igrexas mudéxares do Divino Salvador e de San Sebastián.
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.519 h [2001]). Ten cultivos de cereais, vide e oliveiras, gandaría, industrias papeleiras, do metal, do calzado e da alimentación.
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado a poucos quilómetros ao SL da capital provincial (1.727 h [2001]). A súa economía é agrícola e gandeira, con industrias derivadas.
