Temas
Cantón do NL de Suíza que se estende pola vertente setentrional dos Alpes do mesmo nome (685 km2; 38.708 h [2000]). A capital é Glarona (5.600 h [1994]). É unha rexión montañosa que comprende a conca do río Linth e os seus afluentes, ata o lago de Wallensee. O relevo está formado por unha sucesión de cadeas calcarias que separan o val do Linth e o do alto Rin. A poboación, de lingua alemana, é escasa e mantense practicamente estancada, a causa do illamento das rutas comerciais do país. A economía baséase na cría de gando bovino e nunha industria téxtil de longa tradición. É importante a produción de enerxía hidroeléctrica.
Cantón de Suíza (37 km2; 193.053 h [1998]). A capital é Basilea.
Cantón do NO de Suíza (791 km2; 244.900 h [2000]). A súa capital é Soletta (15.321 h [1998]). Esténdese entre as montañas do Jura, que forman o sector occidental, e o Mittelland, que son as terras chás que ocupan o sector oriental. A poboación é de lingua alemá. Os principais recursos económicos son os cereais, as froiteiras e a siderurxia, a maquinaria, a industria de reloxos e a alimentaria.
Cantón do N de Suíza (1.729 km 2; 1.252.800 h [2000]). A capital é Zúric. Comprende unha parte do Mittelland nororiental e esténdese desde o lago de Zúric, que inclúe a maior parte del, ata a fronteira alemá. A poboación é de lingua alemá, a maioría de confesión protestante. Destacan as industrias mecánicas, téxtiles, químicas e alimentarias. O predominio da cidade sobre o resto do cantón mantívose ata despois da revolución de xullo de 1830, cando a nova constitución cantonal estableceu a igualdade entre a cidade e o cantón.
