Temas

Obwalden

Cantón de Suíza central (491 km2; 32.480 h [2000]). Xunto co cantón de Nidwalden, forma a rexión de Unterwalden. A súa capital é Sarnen (9.163 h [1998]).

Más >
Basilea-Campo

Cantón de Suíza (518 km2; 255.305 h [1998]). A capital é Liestal (12.300 h [1994]).

Más >
Neuchâtel

Cantón situado ao O de Suíza (803 km2; 168.000 h [2000]). A súa capital é Neuchâtel (31.600 h [2001]). Esténdese sobre a vertente oriental do Jura ata o lago homónimo. A estreita franxa que bordea o lago é o sector máis poboado e máis próspero, ao tempo que o clima, máis moderado, permite o cultivo de vide e árbores froiteiras. Desde o s XVIII desenvolveuse unha industria especializada no estampado de teas e reloxaría. Tamén destacan a de maquinaria de precisión, a papeleira e a de madeira.

Más >
Remich

Cantón de Luxemburgo (128 km2; 16.155 h [2001]).

Más >
Capellen

Cantón do distrito de Luxemburgo, no Gran Ducado de Luxemburgo (199 km2; 34.200 h [estim 1995]). A súa capital é a vila de Capellen.

Más >
Luxemburgo

Cantón de Luxemburgo (238 km2; 125.055 h [2001]). A súa capital é Luxemburgo.

Más >
Nidwalden

Cantón de Suíza central (276 km2; 37.400 h [2000]). Xunto co cantón de Obwalden forma a rexión de Unterwalden. A súa capital é Stans (6.637 h [1998]).

Más >
Aargau

Cantón de Suíza que comprende os extremos nororientais do Jura e do Mittelland, drenado polo Rin, o Aare e o Reus (1.405 km2 ; 503.900 h [1991]). Pola proximidade de Zúric é predominantemente industrial. A poboación é de fala alemana. Foi incorporado á Confederación Helvética no ano 1803, trala unión de territorios de Austria e dos cantóns de Zúric e de Berna. A capital é Aarau.

Más >
Valais

Cantón do S de Suíza, situado no límite con Francia e Italia (5.224 km2; 270.800 h [2000]). A súa capital é Sion. Corresponde aproximadamente coa conca alta do Rhône. Esténdese desde Sant Gottard, ao L, ata o lago Xenebra, ao O. O límite N está formado pola liña de cumios do Oberland de Berna e os Alpes de Friburgo, mentres que o límite S pasa pola liña de picos dos Alpes Peninos. Hai un sector montañoso, con cumios de máis de 4.000 m, formado polos Alpes Berneses ao N e polos Peninos ao S, coas máximas altitudes do país. Dous terzos da poboación son de fala francesa, e un terzo alemá. Destaca a gandaría. A abundancia de enerxía hidroeléctrica orixinou unha forte industrialización, que, xunto co turismo, son os dous sectores máis importantes da economía. Ocupado polas tropas da Revolución (1798), en 1802 converteuse en república libre e independente. Anexado a Francia en 1810, integrouse na Confederación Helvética en 1814. En 1847 formou parte do Sonderbund.

Más >
Loading