Glarus
Glarus
Cantón do NL de Suíza que se estende pola vertente setentrional dos Alpes do mesmo nome (685 km2; 38.708 h [2000]). A capital é Glarona (5.600 h [1994]). É unha rexión montañosa que comprende a conca do río Linth e os seus afluentes, ata o lago de Wallensee. O relevo está formado por unha sucesión de cadeas calcarias que separan o val do Linth e o do alto Rin. A poboación, de lingua alemana, é escasa e mantense practicamente estancada, a causa do illamento das rutas comerciais do país. A economía baséase na cría de gando bovino e nunha industria téxtil de longa tradición. É importante a produción de enerxía hidroeléctrica.