Temas

Siedlce

Cidade de Polonia, situada ao L de Varsovia (76.667 h [2000]).

Máis >
Kawachi-Nagano

Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón,situada ao S da conurbación de Osaka (110.570 h [1991]).

Máis >
Prome ou Pyè

Cidade de Myanmar, situada á beira do río Irauadi (148.123 h [1973]). É un porto fluvial e centro dunha extensa zona arroceira e algodoeira.

Máis >
Bram

Cidade de Languedoc, Occitania, no departamento de Aude, Francia (2.899 h [1990]). En 1939 instalouse nesta cidade un campo de concentración para os refuxiados republicanos da Guerra Civil española, organizado en nove grupos de casetas, onde foron internados entre trinta a corenta mil homes, civís e militares.

Máis >
Dāvangere

Cidade do estado de Karnātaka, India, situada ao N de Bangalore (265.971 h [1991]).

Máis >
Altenburgo

Cidade do land de Saxonia, Alemaña, preto do río Pleisse, ao S de Leipzig (49.500 h [1990]). Foi capital do ducado de Saxonia-Alterburgo ata 1918.

Máis >
Licata

Cidade da provincia de Agrigento, situada en Sicilia, Italia (34.942 h [2001]). Posúe refinerías de xofre. Os turcos saqueárona en 1553 e foi reconstruída por Filipe IV.

Máis >
Garden Reach

Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao SO da área metropolitana de Calcuta (191.389 h [1981]).

Máis >
Gauhāti

Cidade do estado de Assam, India, situada na ribeira do Brahmaputra (584.342 h [1991]). É un importante porto fluvial e o primeiro centro comercial de Assam, e ten unha refinería de petróleo. Identificada coa mítica Pragjyotishpur (Cidade da Luz do L), capital do Reino de Kamarupa, do seu patrimonio cultural destacan os templos de Kamakhya e Nabagraba, o Baisisthashram e a mesquita de Hajo.

Máis >
Loading