Temas

Bakersfield

Cidade do estado de California, nos EE UU, no extremo meridional do val de San Joaquín (174.820 h [1990]). Conta con refinerías de petróleo e industrias químicas e alimentarias.

Más >
Siping

Cidade do sheng de Jilin, China, na rexión do Nordés (317.223 h [1990]). Situada na chaira setentrional de Liao He, desde 1949 desenvolveuse como núcleo industrial, con plantas petroquímicas e construción de maquinaria agrícola e ferramentas.

Más >
Ålesund

Cidade do fylke de Møre og Romsdal, Noruega, entre os fiordes de Nordfjord e de Trondheim (37.146 h [1996]). Porto pesqueiro e centro comercial. Industria conserveira. Aeródromo.

Más >
Zanzíbar

Cidade e porto da illa de Zanzíbar, Tanzania, situada na parte central da costa occidental da illa (206.292 h [2002]). A súa cidade de pedra foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).

Más >
Genk

Cidade da provincia de Limburg, Bélxica, ao O do val do Mosa (62.336 h [1997]). Ten industria derivada das minas de hulla da rexión.

Más >
Schaarbeek

Cidade da provincia de Brabante, Bélxica, situada ao N da aglomeración de Bruxelas (106.641 h [2001]). É un barrio industrial e residencial da gran cidade.

Más >
Bandar ‘Abbās

Cidade e porto de Irán, no estreito de Ormuz, ante as illas de Qeshm (273.578 h [1996]). Foi fundada en 1623 polo Xa ‘Abbas I e converteuse no primeiro porto de Persia durante o s XVII. É a capital do ostān de Hormozgān.

Más >
Springfield

Cidade do estado de Missouri, EE UU (151.580 h [2000]). Posúe industrias alimentarias, químicas e metalúrxicas.

Más >
Novošakhtinsk

Cidade da oblast’ de Rostov, Rusia (107.000 h [estim 1993]). Creada en 1939, é un centro moi importante de extracción de carbón da conca do Doneck setentrional.

Más >
Iskenderun

Cidade do il de Hatay, Turquía (160.000 h [estim 2000]). Está situada no extremo NL do Mar Mediterráneo, ao pe dos montes de Amanos.

Más >
Loading