Temas
Parte do Océano Índico comprendida entre a península do Deccan (India) ao O, Bangladesh ao N e Myanmar, Tailandia e Malaisia ao L. Nel desembocan os ríos Irauadi, Ganxes, Brahmaputra, Godāvari e Krishna.
Golfo de Chile, ao N da illa de Chiloé, comunicado co continente pola canle de Chacao.
Sector do Mar Báltico, nas costas do land de Slesvig-Holstein, que se estende entre as terras nororientais de Angeln e a illa de Fehrman.
Golfo da costa atlántica de Canadá, situado na boca do río homónimo, que cobre unha superficie acuática de 155.000 km2. Separado do mar aberto pola illa de Terranova e as provincias atlánticas de Canadá, comunica co estreito de Belle Isle, ao N, co de Cabot, ao S, e co de Canso, entre Cabo Bretón e a península de Nova Escocia.
Golfo da costa guineana que abrangue as costas dos estados de Camerún, Guinea Ecuatorial e parte das de Nixeria e Gabón; esténdese desde o delta do Níxer ao cabo López.
Situado no N-L do Mar Vermello, entre a península do Sinaí, Exipto e Arabia Saudí. Pola súa parte norte ten saída Israel, no porto de Elat, e Xordania, polo porto da cidade de ‘Al-’Aqaba. Ten 180 km de longo e de 20 a 28 km de ancho.
Sector do Mar Báltico, situado en Alemaña, que corresponde ao extremo sudoccidental do golfo de Mecklenburg.
Nome antigo de Bo Hai.
