Temas
Amplo entrante do Mar Caribe, en territorio venezolano. Pertence, na súa maior parte, a este país, agás un sector do NO, que corresponde a Colombia. Está enmarcado polas penínsulas de Guajira, ao O, e Paraguaná, ao L.
Golfo situado ao SL da illa de Mindanao, Filipinas, entre o cabo San Agustín e a punta Tinaca.
Situado no Océano Atlántico, no litoral sudoccidental da Península Ibérica. Ábrese desde o cabo de San Vicente (Algarve, Portugal) ata a punta de Tarifa (Andalucía), ao longo duns 350 km de costa baixa, formada por depósitos de aluvión dos ríos Guadiana e, sobre todo, do Guadalquivir.
Golfo da costa guineana que abrangue as costas dos estados de Camerún, Guinea Ecuatorial e parte das de Nixeria e Gabón; esténdese desde o delta do Níxer ao cabo López.
Golfo da costa meridional de Myanmar, que se abre ao mar de Andaman. Sitúase entre o delta de Iravadi e a provincia de Tenasserim.
Golfo que se abre entre o cabo de San Juan e o cabo Cruz, na costa SL de Cuba. Constituído por unha plataforma continental pouco profunda e moi extensa, posúe unha gran riqueza pesqueira.
Sector do Mar Báltico comprendido entre Polonia e a oblast’ de Kaliningrad.
Golfo de México, situado na costa S do istmo homónimo, entre os estados de Oaxaca e Chiapas. Esténdese desde Puerto Ángel ata a fronteira con Guatemala.
