Bizkaia, golfo de

Bizkaia, golfo de

Sector do Océano Atlántico comprendido entre a cunca de Aquitania e a do País Vasco. A plataforma continental é ampla (máis de 100 km) ao longo das Landas e máis estreita (uns 40-50 km) ao longo da costa de Gipuzkoa e Bizkaia, onde o noiro continental cae abruptamente cara ás grandes profundidades do golfo, superiores aos 2.000 m. O fondo sedimentario está constituído por areas e limos. A salinidade media da auga é do 35%. Nesta área marítima é frecuente o mar groso, sobre todo nos meses do inverno.