Temas
Rexión histórica francesa ao redor de Foix, no Languedoc pirenaico. Na época romana formou parte da Civitas Conseranorum e baixo os visigodos e os francos pertenceu ao ducado de Aquitania, ao condado de Tolosa e ao condado de Carcassonne. Condado independente dende o s XI baixo o goberno de Roxelio I de Foix, participou na política interna dos condados cataláns e estableceu alianzas matrimoniais coa familia dos vizcondes de Castellbó. A comezos do s XIV, apoiados polos monarcas franceses, tentaron facerse coa Coroa de Aragón con pouco éxito. En 1436 Gastón IV de Foix casou con Eleonor de Aragón, princesa de Viana, e trala súa proclamación como herdeiros do Reino de Navarra (1455), os dominios territoriais da casa de Foix acadaron a súa maior extensión. Sucedeunos Francisco Febo (1472) e no 1483 o condado pasou á súa irmá Catarina I e ao seu marido Xoán II de Albret (Xoán III de Navarra). No 1512 foron desposuídos do Reino de Navarra, do vizcondado de Castellbó e dos seus anexos...
Rexión de Roma que deu o seu nome aos Plantii Laterani, que Constantino doou ao papa para erixir alí a sé do bispado en Roma. O conxunto monumental está formado pola basílica de San Giovanni (s VI), o palacio de Letrán, construído polo Papa Sisto V, sé da curia diocesana de Roma; o baptisterio, iniciado por Constantino e modificado nos ss V e XVII, o claustro do antigo mosteiro de San Pancracio (s XII) e a Scala Santa que conduce ao Sancta Santorum (s XIII).
Rexión de Peloponeso, Grecia, no nomós de Laconia na parte meridional dos tres saíntes en que remata a península de Mani. Os seus habitantes mantiveron un espírito de independencia e, aínda que participaron na loita nacional contra os turcos (1821), voltaron constituír un principado independente.
Rexión de Chile, no N do país, situada entre a cordilleira dos Andes ao L e o Pacífico ao O (126.444 km2; 415.487 h [estim 1995]). A súa capital é Antofagasta. Limita ao N coa rexión de Taracapá, ao S coa de Atacama e ao L con Arxentina e Bolivia. É unha rexión fundamentalmente mineira: xacementos de nitratos, prata, xofre, mármore, cobre, etc. O territorio de Antofagasta, orixinariamente pertencente a Bolivia, pasou á soberanía chilena ao remate da Guerra do Pacífico (1879-1882).
Rexión do N de Francia que inclúe os departamentos de Ardenas, Aube, Haute Marne e Marne (25.606 km2; 1.352.500 h [estim 1995]). A súa capital é Chalons-en-Champagne, no departamento de Marne.
Rexión da República Democrática do Congo (53.920 km2; 2.578.000 h [1994]). A capital é Matadi.
