Temas

Arusha

Rexión de Tanzania (82.306 km2; 1.596.000 h [estim 1994]). A capital é Arusha (134.708 h[1988]).

Máis >
Hälsingland

Rexión do N de Suecia. É montañosa e está cuberta de bosques. A industria principal é a derivada da madeira.

Máis >
Cisleithania

Rexión situada ao O do río Leitha, creada en 1867 pola lei que regulaba a división administrativa do Imperio Austro-Húngaro (dividido a partir dese momento entre Cisleithania e Transleithania). Comprendía a Alta e Baixa Austria, Bohemia, Moravia, Silesia, Galitsia, Bukovina, Istria e Dalmacia. Desapareceu en 1918, trala fragmentación do Imperio Austro-Húngaro.

Máis >
Gondwana

Rexión da India central, situada ao N do Deccan, estendida polos estados de Madhya Pradēsh e Mahārāshtra. Posúe cultivos de algodón, trigo, millo e arroz, e minas de carbón, ferro e manganeso. A cidade principal é Nāgpur.

Máis >
Tomboutou

Rexión de Mali (496.611 km2; 462.000 h [estim 1995]). A súa capital é Tomboutou.

Máis >
Mindanao Occidental

Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Basilan, Sulu, Tawi-Tawi, Zamboanga do Norte e Zamboanga do Sur (16.042 km2; 3.091.208 h [2000]). A cidade máis importante é Pagadian.

Máis >
Mindanao Central

Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Cotabaco do Norte, Lanao do Norte, Lanao do Sur, Maguindanao e Sultan Kudarat (14.373 km2; 2.598.210 h [2000]). A cidade máis importante é Iligan.

Máis >
Togdheer

Rexión de Somalia (41.000 km2; 383.900 h [estim 1980]). A súa capital é Burao (12.617 h [1964]).

Máis >
Rheinhessen

Rexión de Alemaña, situada no land de Renania-Palatinado que se estende pola beira esquerda do Rin, pouco antes da súa confluencia co Main. Destaca pola produción de destacados viños.

Máis >
Fife

Rexión de Escocia, Reino Unido (1.323 km2; 348.900 h [estim 1998]). A capital é Glenrothes (32.700 h [estim 1989]).

Máis >
Loading