Minho
Minho
Rexión de Portugal, formada polos distritos de Viana do Castelo e Braga (4.925 km2; 1.081.641 h [2001]). De relevo montañoso, continuación do Macizo Galaico, posúe unha estreita chaira litoral drenada polo río Miño que fai límite con Galicia, Lima e Cávado. A súa economía é basicamente agrícola e gandeira, ademais de contar cunha industria alimentaria e da madeira. O seu principal centro e capital é Braga.