Bidasoa
Bidasoa
Río da Península Ibérica, o máis oriental dos que desembocan no Mar Cantábrico (67 km). Nace no Pireneo navarro. Flúe en dirección S-N ata Irún (Gipuzkoa) onde desauga. Dende Endarlaza, punto no que abandona a Comunidad Foral de Navarra e penetra en Euskadi, ata a súa desembocadura, serve de fronteira entre os estados español e francés. É un río de réxime pluvial.