Temas
Illa e poboación homónima do estado de Bahrain (17,4 km2; 74.254 h 1991]), situada no Golfo Pérsico e unida coa capital (Al-Manāma, na illa principal) por un dique.
Illa do arquipélago das Molucas, Indonesia, ao L de Borneo no Mar das Molucas (8.756 km2; 19.700 h). O relevo accidentado, cuberto pola selva ecuatorial, ten no pico de Tomahu a súa elevación máxima con 2.500 m de altitude. A poboación practica na súa maioría o islamismo e o cristianismo. A economía baséase principalmente na produción madeireira e na exportación de carne de cervo e aceite. O núcleo urbano principal é Namlea.
Illa de Grecia, situada no mar Exeo, que constitúe un nomós da rexión de Exeo Meridional (2.154 km2; 105.082 h [1991]). A capital é Mitilene. Separada de Turquía polo estreito de Mitilene, ten un relevo pronunciado e costas accidentadas. A poboación habita en pequenas aldeas de pescadores. Colonizada por estirpes eólicas na Antigüidade, distinguiuse polo seu espírito aristocrático e oligárquico. Patria dos poetas Terpandro, Alceo e Safo, tivo cinco cidades importantes, dominadas por Mitilene. Colonizou as ribeiras de Asia Menor e en 417 a C uniuse á Liga Délica. Permaneceu sometida aos turcos entre 1462 e 1913.
Illa de Inglaterra, Reino Unido, que constitúe un distrito unitario, no canal da Mancha, separada da costa inglesa polo estreito do Solent, formado na desembocadura do Southampton Water (380 km2; 132.731 h [2001]). A súa capital é Newport (23.570 h [1981]). Unha escarpa de creta que vai do Culver Cliff ás rochas The Needles separa a chaira setentrional terciaria da rexión meridional que está formada por dunas recubertas por outras terras de creta. Destacan as actividades agrícolas e a construción naval, pero o turismo é o seu principal recurso económico. Cowes é o seu porto principal.
Illa de Tunisia, situada no golfo de Gabes, próxima á costa (510 km2). Densamente poboada, con máis de 100 h/km2. Recibe menos de 200 mm de chuvias anuais, o que posibilita a existencia de cultivos de cereais de secaño; posúe tamén oliveiras, palmeiras e produtos de horta. Outra actividade destacada é a pesca, principalmente de esponxas. A capital é Houmt-Souk. Pertencente a Roma, foi ocupada polos musulmáns (655), polos normandos (1135) e polos almohades (1160). Conquistada polos cataláns de Roger de Lloria en 1284, durante vinte e cinco anos foi posesión da familia Lloria. Cara ao 1309 pasou a depender directamente do reino catalán de Sicilia, ata que foi recuperada polos tunisios (1335). No 1551 foi atacada pola monarquía hispánica; en poder de Dragut, Filipe II ordenou que se recuperase (1560), pero a flota foi vencida.
Illa do Mediterráneo, situada fronte ás costas suroccidentais da illa de Sardeña (51 km2). O núcleo principal é Carloforte (6.576 h [1991]).
Illa do Mediterráneo, ao NO da illa de Malta (67 km2). Produce froita e produtos de horta. O núcleo principal é Rabat. Foi conquistada en 1283, xunto coa illa de Malta, polo almirante Roger de Lloria, e foi incorporada ás posesións catalanas no Mediterráneo. Pasou, xunto co arquipélago maltés, a ser dominio da orde de Malta, por doazón do Emperador Carlos V (1522).
Illa do S do Océano Atlántico (3.755 km2; 4.144 km2 cos illotes adxacentes de Willis, Bird, Annenkov, Pickersgill e Clerke. Hai factorías baleeiras na costa, en Leith Harbour e Grytviken, caza de focas e algúns rabaños de renos. En 1985 converteuse nun territorio británico coas illas Sandwich do Sur.
