Lesbos

Lesbos

Illa de Grecia, situada no mar Exeo, que constitúe un nomós da rexión de Exeo Meridional (2.154 km2; 105.082 h [1991]). A capital é Mitilene. Separada de Turquía polo estreito de Mitilene, ten un relevo pronunciado e costas accidentadas. A poboación habita en pequenas aldeas de pescadores. Colonizada por estirpes eólicas na Antigüidade, distinguiuse polo seu espírito aristocrático e oligárquico. Patria dos poetas Terpandro, Alceo e Safo, tivo cinco cidades importantes, dominadas por Mitilene. Colonizou as ribeiras de Asia Menor e en 417 a C uniuse á Liga Délica. Permaneceu sometida aos turcos entre 1462 e 1913.