Temas
Illa das Antillas francesas que forma a parte oriental de Guadalupe (595 km2; 185.370 h [1990]). A capital e o porto principal é Pointe-á-Pitre (26.029 h [1990]). Ten produción de cana de azucre e gandería bovina.
Illa do NO de Europa, a máis grande das illas do arquipélago británico (229.334 km2; 58.057.300 h [estim 2000]). Comprende Inglaterra, Escocia e Gales.
Illa da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira, situada fronte á praia do mesmo nome.
Illa do mar Tirreno, a máis meridional das illas Eolias, situada a menos de 20 km da costa norte de Sicilia, separada da illa de Lipari (ao N) por un canal de 750 m de largo (21 km2). Ao NO, no monte Saraceno (480 m), ábrese o gran cráter do volcán Vulcano ou Fossa Grande, aínda activo.
Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.
Illa grega do arquipélago das Espóradas Meridionais, situada no Mar Exeo, preto de Asia Menor. De estrutura calcaria, con rochas metamórficas e xistos, presenta dous grupos montañosos: o Kerkis (1.437 m) e o Ambelos (1.137 m). A súa economía baséase nos cultivos de vides, oliveiras, froiteiras, tabaco e algodón. Ocupada na Antigüidade por colonos xonios cara aos ss XI-XII a C, participou (ss VII-VI a C) nos movementos colonizadores e fundou núcleos de poboación en Amorgós, Samotracia e incluso en Italia, á vez que politicamente instauraba a democracia, que foi abatida no 540 a C por Polícrates. No 499 a C a illa participou na rebelión xónica, entrou na Liga Délica (478 a C) e pasou aos romanos. Os seus restos arqueolóxicos, dos que destaca o templo de Hera, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
Illa do arquipélago ártico de Canadá, situado no Territorio do Noroeste, ao O de Terra de Baffin e na Foxe Basin.
