Wight

Wight

Illa de Inglaterra, Reino Unido, que constitúe un distrito unitario, no canal da Mancha, separada da costa inglesa polo estreito do Solent, formado na desembocadura do Southampton Water (380 km2; 132.731 h [2001]). A súa capital é Newport (23.570 h [1981]). Unha escarpa de creta que vai do Culver Cliff ás rochas The Needles separa a chaira setentrional terciaria da rexión meridional que está formada por dunas recubertas por outras terras de creta. Destacan as actividades agrícolas e a construción naval, pero o turismo é o seu principal recurso económico. Cowes é o seu porto principal.