Temas
Diario que se publicou dende o ano 1886 na cidade de Lugo.
Diario de tendencia conservadora-bugallista que apareceu en 1914 en Ourense. Cesou a súa edición en 1928. Subtitulado “Periódico de intereses generales y locales”, contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Dirixírono Hermenegildo Calvelo e Ramón Villarino de Sáa e colaboraron Luís Madriñán, Ricardo Goyanes Melgarejo, Uxío López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira, Juan Barcia Caballero e Francisco Álvarez de Nóvoa. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada “Picotazos”, o apartado “Galicia histórica”, asinado por Couceiro Freijomil, e “Biografías Gallegas”, escrito por Manuel Molina Mera. Enfrontouse en númerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública.
Diario editado en València a partir do 31 de xaneiro de 1866, que interrompeu a súa edición entre 1936 e 1939. Fundado por Teodoro Llorente e Josep de Domènech, aos que Josep de Campo cedeu a propiedade de La Opinión a condición de que cambiasen a cabeceira, en 1872 subtitulouse “Diario Mercantil”. A propiedade do periódico estivo sobre todo ligada aos descendentes de Domènech e en 1931 converteuse en sociedade anónima. Politicamente, achegouse ás posicións dos grupos da dereita.
Diario liberal editado a partir de 1 de xullo de 1912 en Vigo. Cesou a súa edición en marzo de 1914. Dirixido por Justo Fernández Herva, incluía información xeral e un apartado literario.
Diario deportivo publicado na Coruña a partir do 19 de decembro de 1995. Forma parte do grupo La Capital S L, editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundado por Editores Deportivos del Norte de España S L, foi dirixido inicialmente por César Casal González. Comezou a súa edición coa cabeceira dxt, que logo foi substituída por Deporte. Presidido por Florencio Aldrey Iglesias, conta cun equipo de dirección formado por Juan R. Díaz García e Juan C. Boga Sánchez. Está dividido nas seccións, “Deportivo”, dirixida por Alberto Torres, “1ª División y F. Gallego”, con Lois Novo á fronte, “Otros Deportes”, con Juan Pedro Barco, e “Suplementos”, coordinado por J. R. Fontela. O seu obxectivo principal é informar e dar a coñecer o deporte galego, e inclúe entrevistas, clasificacións, táboas comparativas e especiais dos distintos deportes que se practican en Galicia acompañados de fotografías. Semanalmente publícase un...
Diario fundado en Hernani en 1977. Achegado á postura política de Herri Batasuna (HB), defendeu as accións terroristas de ETA. Estaba redactado en castelán e contaba con algunhas colaboracións en éuscaro. O 15 de xullo de 1998 cesou a súa edición trala clausura da redacción do xornal por parte do xuíz Baltasar Garzón; aos poucos días saíu á rúa co nome de Euskadi Información e, posteriormente, foi substituído con carácter definitivo polo diario Gara.
Diario de información xeral fundado en Bilbao en 1977, baixo o auspicio da Editorial Iparraguirre e por iniciativa dun grupo de empresarios vinculados ao Partido Nacionalista Vasco. Dirixido por Juan José Baños Loinaz, subtitúlase “Diario de Bizkaia”, “Diario de Araba” e “Diario de Gipuzkoa”, segundo o territorio no que saia á venda. Redactado en castelán, inclúe algunhas páxinas en éuscaro. A partir do ano 1986 publicou tamén un semanario totalmente redactado en vasco chamado Deia Euskaraz. Inclúe, amais das seccións “Euskadi”, “Opinión”, “Estado”, “Mundo”, “Economía” e “Deportes”, a revista D2 con información de carácter cultural e programación de cine e televisión.
Diario de Madrid, propiedade da empresa editorial Prensa Española, fundado por Torcuato Luca de Tena en 1905. Foi o sucesor doutro xornal do mesmo nome editado dende 1903. Dirixiron a publicación, entre outros, o propio fundador, o seu fillo Juan Ignacio (1929-1939), José Losada (1939-1947), Ramón Pastor (1947-1952), Torcuato Luca de Tena (1952-1954) e Luis Calvo (1954-1962). En 1998 cesou no seu cargo de director Luis María Ansón que dirixira o xornal dende 1983. Na actualidade exerce a dirección do mesmo Francisco Giménez-Alemán. O xornal pasou por diferentes etapas: no 1928 o fillo do fundador iniciou outra edición en Sevilla; na Segunda República, o goberno incautouse do xornal, xunto coa empresa Prensa Española, e suspendeu a súa publicación. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) coexistiron a edición de Madrid, republicana, e a de Sevilla, posicionada a favor dos sublevados. Contén, amais doutras, as seccións: “Economía”, “Nacional”, “Internacional”, “Ciencia”, “Cine”, “Deportes”,...
