Temas

Clamor de Galicia, El

Diario de tendencia política que se editou dende 1855 ata 1856 na cidade da Coruña co subtítulo de “Eco político de sus cuatro provincias”. Benito Vicetto dirixiu esta publicación, que foi unha das impulsoras do rexionalismo galego.

Máis >
Alborada

Diario rexionalista aparecido en Monforte de Lemos a mediados do ano 1923.

Máis >
Paris-Soir

Diario francés vespertino, fundado en París en 1923. Desde 1930 Jean Prouvost converteuno no primeiro xornal da capital francesa, grazas ao seu sensacionalismo e ao emprego da fotografía. Instalado en Lyon (1940), a censura de Vichy suprimiuno en 1943. Mentres, en París, os alemáns controlaban un falso Paris-Soir colaboracionista, que desapareceu en 1944. Co tempo converteuse nun medio de comunicación de referencia en Francia que se caracterizan pola análise de temas nacionais e internacionais, tratados nos apartados de deportes, industria, política, negocios, saúde, sociedade e tecnoloxía.

Máis >
Progreso, El

Diario fundado por Alejandro Lerroux en Barcelona o 29 de xuño de 1906. Anticlerical e obreirista, sufriu o boicot de Solidaridad Obrera impulsado polos anarquistas en 1908. Contribuíu á exacerbada campaña contra a Guerra de Marrocos, que favoreceu o estalido da Semana Tráxica. A partir de 1910 cambiou o seu anterior ton obreirista e en 1933 titulouse Renovación.

Máis >
Times, The

Diario británico fundado en Londres en 1785 polo impresor John Walter co nome de Daily Universal Register e que tres anos máis tarde adoptou o nome actual. Prosperou baixo a dirección de John Walter, fillo do fundador, e chegou ao máximo desenvolvemento baixo a direccción do xornalista John Delane, na segunda metade do s XIX. Diario independente, de tendencia conservadora, foi un dos máis influentes en Gran Bretaña, precursor na introdución de avances tecnolóxicos e de novas técnicas xornalísticas. En 1981 foi adquirido pola empresa australiana News Ltd, controlada por R. Murdoch.

Máis >
Época, La

Diario conservador publicado en Madrid entre 1849 e 1936. Fundado e dirixido ata 1866 por Diego Coello, adscribiuse inicialmente á Unión Liberal. Durante a Restauración foi o órgano dos ministros Cánovas, Silvela e Dato, e coa República pasou a defender a monarquía.

Máis >
Diario Polémico-Religioso de La Coruña

Diario de carácter absolutista e católico que se editou entre febreiro e marzo de 1813 na Coruña. Acompañaba a cabeceira o título “Los guerrilleros por la religión, la patria y el rey”. Fundado e dirixido por frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez, contaba coa colaboración de frei Nicolao de Santa María. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto, nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nos talleres do Exacto Correo de España en La Coruña. Contiña artigos que satirizaban a política liberal e defenden os postulados monárquico-absolutistas. Non conseguiu un mínimo apoio popular e deixouse de editar por problemas económicos.

Máis >
Alcance, El

Diario aparecido na Coruña no ano 1885 e subtitulado “Diario político y literario de la tarde”. O seu director foi Uxío Romo Jara ata 1886.

Máis >
Loading