Diario de Orense, El

Diario de Orense, El

Diario de tendencia conservadora-bugallista que apareceu en 1914 en Ourense. Cesou a súa edición en 1928. Subtitulado “Periódico de intereses generales y locales”, contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Dirixírono Hermenegildo Calvelo e Ramón Villarino de Sáa e colaboraron Luís Madriñán, Ricardo Goyanes Melgarejo, Uxío López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira, Juan Barcia Caballero e Francisco Álvarez de Nóvoa. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada “Picotazos”, o apartado “Galicia histórica”, asinado por Couceiro Freijomil, e “Biografías Gallegas”, escrito por Manuel Molina Mera. Enfrontouse en númerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública.