Galicia

Galicia

Diario editado a partir do 25 de xullo de 1922. Cesou a súa edición o 15 de setembro de 1926. Subtitulouse “Diario de Vigo”. Dirixiuno inicialmente Felipe Lavandeira que, posteriormente, foi substituído por Valentín Paz Andrade. O seu carácter galeguista e de esquerdas fixo que sufrira unha suspensión do goberno de Primo de Rivera en 1925. Prestou unha atención especial ás noticias de Vigo e Galicia. Ademais de crítica literaria, contos, folletíns e poemas de destacados escritores galegos, nas súas páxinas incluíronse ilustracións de Castelao da serie “Cousas”. Pola súa importancia literaria cómpre destacar a sección “Domingos literarios de Galicia”.