Diario de Valencia

Diario de Valencia

Diario en castelán publicado en València entre marzo de 1911 e xullo de 1936. Fundado por Manuel Simó i Marín, funcionou como órgano carlista e como voceiro da Dereita Rexional Valenciana a partir da fundación deste partido en 1930. Na primeira época, a sección de información rexional apareceu redactada en catalán. Durante a Guerra Civil a Fronte Popular encargouse do xornal. Rematou a súa edición cando finalizou a contenda civil.