Deia
Deia
Diario de información xeral fundado en Bilbao en 1977, baixo o auspicio da Editorial Iparraguirre e por iniciativa dun grupo de empresarios vinculados ao Partido Nacionalista Vasco. Dirixido por Juan José Baños Loinaz, subtitúlase “Diario de Bizkaia”, “Diario de Araba” e “Diario de Gipuzkoa”, segundo o territorio no que saia á venda. Redactado en castelán, inclúe algunhas páxinas en éuscaro. A partir do ano 1986 publicou tamén un semanario totalmente redactado en vasco chamado Deia Euskaraz. Inclúe, amais das seccións “Euskadi”, “Opinión”, “Estado”, “Mundo”, “Economía” e “Deportes”, a revista D2 con información de carácter cultural e programación de cine e televisión.