Feichtmayr
Feichtmayr
Familia de escultores e decoradores alemáns. Joseph Anton Feichtmayr (Linz 1696 - Mimmenbausen 1770) responsable das decoracións, entre outras, da igrexa de Neu-Birnau e da abadía de Saint Gall; e Johann Michael II Feichtmayr (Haid 1709? - Augsburgo 1772), que traballou, entre outras, na abadía de Zwiefalten e no castelo de Bruschal.