Tolosa

Tolosa

Familia de mestres canteiros renacentistas, activos durante os ss XVI e XVII. Pedro de Tolosa (activo entre 1549-1583) difundiu o clasicismo herreriano en obras como o Convento Jerónimo de Guisando (Madrid, 1562), no Real Monasterio de El Escorial, na Colegiata de San Luis (Villagarcía de Campos) e nos conventos de Uclés e Moya, en Cuenca. Seu irmán, Juan de Tolosa (1548-1600), interveu con el na Colegiata de San Luis e con Andrés Ruíz no colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos. Estilisticamente continuou coa austeridade propia da escola herreriana, como demostrou na fachada do mosteiro de Santa María de Montederramo (1598-1607). Alonso de Tolosa (Madrid 1549-1588), fillo de Pedro, foi aparellador (1582) da cuarta Colegiata de Valladolid, traballou como mestre de cantaría no Alcázar de Segovia e foi vedor das obras do bispado en Palencia. Tamén rematou a igrexa de Santiago de Medina de Rioseco, para a que se lle encargara a traza dos pés do templo en 1586.