Diálogos en la Alameda

Diálogos en la Alameda

Publicación por entregas de carácter propagandístico que apareceu en setembro de 1836. Elaborada por Vicente Turnes, desenvolve unha conversa entre Cristovo, Farruco, Bartolo, Freitoso e un crego, que se incorpora na segunda entrega editada en novembro do mesmo ano. A terceira parte editouse a finais de decembro de 1836. Estes Diálogos tiveron a súa continuación en La Tertulia de Picaños.