Temas
Semanario publicado en Lisboa a partir do 13 de setembro de 1886. Cesou o 18 de xullo de 1887 (nº 45). Subtitulouse “Periódico hispano-lusitano. Político. Independente”. De talante republicano, liberal e laico, foi redactado por un grupo de galegos residentes en Lisboa e dirixido por Isidro Vilarino, ata que foi expulsado de Portugal por un artigo aparecido neste xornal.
Semanario publicado na Coruña a partir do 5 de agosto de 1868. Cesou o 24 de agosto dese ano (nº 3) pola autoridade gobernativa. Subtitulado “Periódico literario, humorístico y de circunstancias”, todos os artigos eran anónimos.
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1889 que cesou en 1891. Subtitulouse “Semanario churrusqueiro” e “Semanario de intereses e literatura rexionales” (nº10). Fundado por Francisco Portela, reapareceu (outubro de 1889) promovido por Rufino Rivera. Cunha orientación popular, incluíu composicións literarias (contos, poesías e relatos humorísticos).
