España Exterior

España Exterior

Semanario aparecido en Vigo en abril de 1997. Subtitúlase “El Periódico de las Comunidades Españolas en el Mundo”. Editado e dirixido por Francisco Gómez Soto, diríxese fundamentalmente aos emigrantes españois residentes en Europa, Australia e América. Distribúese entre as máis de 3.000 asociacións españolas que hai no mundo, que totalizan máis dun millón de socios. Cun espírito informativo plural, inclúe contidos de actualidade, sobre todo referentes á emigración, datos sobre bolsas, axudas e fundacións. Ademais, tenta reflectir a realidade das devanditas asociacións con reportaxes sobre os actos que se desenvolven nas casas rexionais e nos distintos países.