República, La

República, La

Semanario publicado en Ourense a partir de 1903. Cesou ao redor de 1908. Subtitulado “Semanario político” e dirixido por Xulio Carballo, foi o primeiro órgano republicano co que contou a cidade. Incluíu información política e de carácter local. Posiblemente tivera unha segunda época en 1907 e unha terceira en 1919, dirixido por Eduardo Barriobero. Nesta última, editado nos obradoiros de Poza Cobas, funcionou como voceiro do Centro Obrero de Ourense.