Observer, The

Observer, The

Semanario británico fundado en 1791 por W. S. Bourne. Xurdiu como un dominical agresivo que desde mediados do s XIX mantivo unha posición crítica co goberno, defendendo a liberdade de prensa e cubrindo aquelas informacións máis polémicas. De tendencia liberal tras ser adquirido por David Astor (1948), a aparición de sucesivos competidores rematou coa súa compra por parte de The Guardian (1993). Dirixido por Roger Alton (1998), inclúe unha serie de coidadas seccións de política internacional e colaboracións críticas e literarias.