Avisador Galaico, El

Avisador Galaico, El

Semanario bilingüe publicado en Cienfuegos (Cuba) o 3 de febreiro de 1878 e que cesou o 2 de novembro dese mesmo ano. Dirixido por Domingo Devesa Naveiro e Xosé Porrúa Valdivieso, actuou como voceiro da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. Pode considerarse como a publicación decana da prensa galega en América.