Lucha Obrera, La

Lucha Obrera, La

Publicación editada na Coruña a partir de xullo de 1883, e que cesou en 1887. De tendencia anarquista, estivo dirixida por Pedro Barreiro. Aínda que se presentaba como semanario, a súa aparición foi irregular. Tivo dúas etapas; na primeira, ata 1884, exerceu como voceiro da “Sociedade de Carpinteiros”, mentres que na segunda, entre maio de 1886 e xaneiro de 1887, representou a Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi a primeira publicación galega claramente anarquista.