Nauru

Nauru
Nome científico: [nome oficial nauruano: Naoero]

Estado insular do Océano Pacífico, situado a uns 40 km ao S do Ecuador e 300 km ao O de Kiribati (21,2 km2; 12.000 h [estim 2001]). A súa capital é Yaren (672 h [1992]).
Xeografía
A illa é de orixe coralina e presenta unha fértil faixa costeira onde vive a poboación. O clima é tropical, cunha estación monzónica de novembro a febreiro. O sector primario redúcese á explotación de cocos e á gandaría porcina. No interior hai grandes depósitos de fosfatos de primeira calidade orixinados polo guano e exportados cara a Australia, Nova Zelanda, Xapón e a República de Corea. Nauru comenzou a investir no estranxeiro e proxecta converterse en escala indispensable da navegación marítima e aérea do Pacífico.
Sociedade e goberno


Diversidade étnica e cultural
O maior grupo étnico é o dos nauruanos, que representa o 61,3% da poboación. Outros grupos importantes son os chineses (8,4%) e os europeos (3,2%). O 50,9% da poboación é protestante, o 27,1% católica e o 22% restante practica outras relixións. As linguas oficiais son o nauruano e o inglés.
Historia
Descuberta polo capitán Fearn en 1798, foi anexionada en 1888 por Alemaña e ocupada polas forzas australianas en 1914. En 1920 converteuse en fideicomisario da Sociedade de Nacións, baixo a administración de Australia, Reino Unido e Nova Zelanda. Ocupada polos xaponeses entre 1942 e 1945, pasou a tutela da ONU en 1947, que delegou a administración en Australia. En 1968 converteuse en república independente dentro do ámbito da Commonwealth. En febreiro de 1988, os gobernos de Reino Unido, Australia e Nova Zelanda declaraban oficialmente expiradas as actividades da compañía British Phosphate Commissioners que desde 1919 explotaba os fosfatos da illa. A causa da negativa de Australia de contribuír á rehabilitación das zonas prexudicadas polas explotacións, solicitou ao Tribunal Internacional de Xustiza unha indemnización. En 1993 Australia aceptou facer efectiva a compensación á que constribuíron Nova Zelanda e Reino Unido. En 1995 Lagumot Harris foi elixido presidente e substituíu a Bernard Dowiyogo. Desde entón, iniciouse un período de inestabilidade política e financeira e en 1997 Kinza Clodumar foi nomeado presidente. René Harris e B. Dowiyogo alternaron no cargo de presidente, ata o falecemento de Dowiyogo o 11 de marzo de 2003. Sucedeuno Ludwig Scotty o 29 de maio de 2003. O xefe do goberno é Derog Giva desde 2003.