Temas
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha espada de prata, alta, atravesando coa punta un lunel do mesmo, acompañada de cinco flores de lis de ouro, tres colocadas en faixa en xefe e unha en cada flanco. Outra variante leva, en campo de goles, unha cruz recrucetada de prata e colocadas en orla, pero só nos flancos e na punta, as letras de sable “Crucem sectamur caetera ut lutum putamus”.
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha cruz de ouro, cargada en abismo dunha estrela de azul de oito raios; bordo de ouro, cargado de oito aspas de sinople. Outro trae, en campo de goles, unha estrela de azul, con perfil de prata; bordo de prata, cargado de oito aspas de sinople.
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un castelo sinistrado dunha columna de azul; bordo de goles, cargado de oito flores de lis de ouro.
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha aguia pintada en pau de ouro e goles de catro pezas; bordo de goles, cargado de oito cadeados de sable, abertos. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, adestrada de cinco lanzas de ouro, postas en pau e colocadas en faixa, e sinistrada un can da súa cor atado ao tronco, e acompañada de dúas caras de mouro, unha en cada cantón do xefe.
