Temas

Santiago, Isolda

Escritora e xornalista. Correspondente do Faro de Vigo en Lalín, colaborou nos xornais La Voz de Galicia e Xornal Diario, así como en Radio Noroeste, onde dirixiu o programa cultural A arte de ler. Deu a coñecer a súa poesía nas revistas A festa da palabra silenciada e Trapa, e na carpeta de Edicións do Dragón Oito e médio (1992). Publicou Flor de tan mal xardín (1994), gañadora do II Premio de Poesía Fermín Bouza Brey, e Berce das estampas (1998). Foi galardoada co Premio Periodístico do Concello de Dozón (1991).

Más >
Feijoo-Montenegro y Arias, Vicente María

Escritor. Licenciado en Medicina (1837), exerceu en Allariz e posteriormente en Baiona. Colaborador de El Eco de Galicia, escribiu obras en prosa e o poema “Á boa memoria de Azara” (1851).

Más >
Martínez Conde, Ricardo

Poeta. Doutor en Filosofía, cultivou a poesía en galego e castelán dentro de distintas tendencias poéticas. Preocupado polas cuestións filosóficas, concibe a súa obra como unha forma de coñecer aquilo que non se pode ver a través dun método indutivo e reflicte nela elementos propios da natureza e da paisaxe. Das súas obras destacan Lento esvaece o tempo (1990), Orballo nas camelias (1993), O silencio das árbores (1995) e Compostela, vella memoria (2004).

Más >
Fernández Armesto, Felipe

Escritor e xornalista. Coñecido como Augusto Assía, pseudónimo extraído dun personaxe viaxeiro dunha obra de Tolstoi. Comezou estudiando filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu a “Página Universitaria” de El Pueblo Gallego. Posteriormente, trasladouse a París e logo a Berlín, onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade Humboldt, e foi correspondente do xornal La Vanguardia. Expulsado de Alemaña en 1933, tralo ascenso de Hitler ao poder e logo de escribir unha crónica sobre uns sacerdotes asasinados, La Vanguardia enviouno como correspondente a Londres, onde permaneceu ata o comezo da Guerra Civil española, momento no que se incorporou voluntariamente ás tropas sublevadas de Franco. Ao remate da guerra volveu a La Vanguardia como correspondente en Londres, onde realizou unha das súas entrevistas máis destacadas a Winston Churchill, tamén alí puido relatar directamente a Batalla de...

Más >
Pérez Alonso, Carlos

Atleta. Especialista en probas de fondo, participou en 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Roma (1960) e na proba de maratón nos Xogos Olímpicos de México (1968) e Múnic (1972), ademais de en tres edicións dos Xogos do Mediterráneo e dos campionatos de Europa. Foi 16 veces campión de España nas probas de 5.000 m, 10.000 m, cross e maratón (1958-1973). Posteriormente, foi seleccionador de fondo e cross da Federación Galega de Atletismo (1990-2000) e adestrador do equipo parolímpico español de atletismo. Recibiu a Medalla de Plata al Mérito Deportivo e a Insignia de Oro y Brillantes de la Real Federación Española de Atletismo.

Más >
López Carballo, Francisco Luís

Pintor e político, fillo do pintor Juan Luis. En 1950 trasladouse a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro, na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e alcalde da cidade (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes.

Más >
Cabezas Gelabert, Lino

Pintor. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Foi mestre da Escola Mestre Mateo e en 1973 ocupou a cátedra de Debuxo da Escuela de Bellas Artes de Barcelona. Na súa obra, dificilmente clasificable, predomina a materia sobre a liña e o debuxo. É colaborador da Revista Galega do Ensino.

Más >
López Rico, Juan

Xornalista. A partir de 1975 comezou a colaborar coa axencia EFE en Santiago de Compostela, onde exerceu como xefe de sección e director (1989-1997). Promotor e director da revista comarcal Beiramar, colaborou co Consello da Cultura Galega, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Gran Enciclopedia Gallega. Publicou o estudo “Prestige, a crónica inmediata” no volume colectivo Prestige, a catástrofe que despertou a Galiza? (2003).

Más >
Quintanilla Louzao, Anxo

Xornalista. Director xerente de Televisión de Galicia desde 1996 e membro da comisión técnica de televisión do Consello da Cultura Galega, planificou e desenvolveu a revista Entregas de Comunicación Cultural. Entre 1985 e 1986 dirixiu os Circuítos Teatrais da Xunta de Galicia ata o seu ingreso na TVG (1986), onde foi xefe de produción de informativos e director de produción. Recibiu o Premio Arte (1997) da Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo.

Más >
Loading