Faraldo, Ramón
Guionista de cine, crítico de arte e pintor. Residiu en València, onde dirixiu a revista poético-política Murta. Estudiou dereito e filosofía en Irún e trala Guerra Civil exiliouse a Francia, onde escribiu Léon Blum y su época e traduciu L’Espoir de Malraux. Compaxinou os labores literarios cos plásticos. Regresou a España e despois de pasar por diversos campos de concentración, instalouse en Madrid onde realizou guións de cine e dirixiu as páxinas de arte do xornal Ya. Conferenciante, colaborou na prensa española e latinoamericana. Foi autor, entre outras obras, de Benjamín Palencia (1972), Fornells-Plá (1975), Boado (1977), Constantino Grandío López, pintor y miembro de la Sociedad Protectora de Animales (1990) e colaborou, entre outros, en Treinta pintores gallegos (1974) e A Diego Giráldez, un pintor intelectual (2000). Organizou a I Bienal de Marbella, pola que recibiu o Premio da Crítica e obtivo o primeiro premio no concurso internacional sobre Solana organizado pola Galería Velázquez de Bos Aires.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Foz