Temas

Tahan

Montaña situada no centro-sur da península de Malacca, Malaisia, que constitúe a máxima altitude da rexión (2.190 m).

Más >
Brooks Range

Aliñación montañosa do norte de Alasca, contraforte noroccidental das montañas Rochosas, duns 1.000 km de lonxitude e duns 150 a 200 km de anchura. A altitude máxima está nos Endicott Mountains, no pico Doonerak, que acada os 3.050 m.

Más >
Banî, Djebel

Cadea montañosa do Magreb, ao S de Marrocos; forma os contrafortes dos Pequenos Atlas, con altitudes que chegan a 1.500 m.

Más >
Jura

Cadea montañosa duns 250 km de longo e que supera os 80 km de ancho, na fronteira entre Francia e Suíza. A súa máxima altitude é a Crêt de la Neige, con 1.723 m de altitude, en Francia.

Más >
Raíña Maud

Aliñación montañosa da Antártida, situada no extremo interior da barreira de Ross. Acada a súa máxima altitude no monte Nansen, con 4.070 m.

Más >
Metallifere, Colline

Cadea montañosa de 140 km de extensión, entre Saxonia (Alemaña) e Bohemia (República Checa), cun límite impreciso co río Elster, ao O, e o Elba, ao L. As maiores altitudes atópanse no pico Klínovec (1.244 m de altitude) e no Fichtelberg (1.215 m de altitude).

Más >
Géant

Montaña dos Alpes, ao NL do macizo do Mont Blanc (3.369 m). Comunica o val de Arve (Chamonix) co de Doire (Courmayeur). O túnel do Montblanc atravesa esta montaña e comunica Savoia co val de Aosta.

Más >
Carmelo, monte

Montaña de Israel, no mekhosot de Haifa, xunto á cidade de Haifa (650 m), rodeado pola baía do mesmo nome, no Mediterráneo, e regada polo río Émeq. Neste lugar localízanse numerosas covas con restos da época Paleolítica; ademais, a cova Maghārat al Skhūl proporcionou, dentro dun nivel musteriense, importantes restos antropolóxicos (esqueletos do monte Carmelo) que reúnen trazos anatómicos tanto do Homo sapiens neandertalensis como do Homo sapiens sapiens. Desde moi antigo foi sede do culto a Baal e tamén foi o escenario da discusión entre Elías e os sacerdotes de Baal narrada no Libro dos Reis, da Biblia. No s XII orixinouse alí a orde dos carmelitas, que conservou o nome do seu lugar de orixe.

Más >
Montañas Rochosas

Cadea montañosa de América setentrional que delimita polo O a rexión central das Grandes Chairas, desde o estreito de Bering ata Novo México. Está delimitada, ao N, pola costa do Kotzebue Sound e ao S polas escarpas que caen sobre o altiplano de Transpecos, preto de Santa Fe (Novo México); ao L polas Grandes Chairas e ao O pola rexión dos Altiplanos. O dobramento desta cadea prodúcese basicamente en dúas fases, a primeira a finais do Cretáceo e a segunda a principios do Terciario. O extremo N do sistema, en Alasca, está formado polas montañas de Endicot, con dúas ramas, a de Long Mountains e a de Baird Mountains, seguidas ao SL polas montañas Davidson, que separan as concas dos ríos Yukon e Mackenzie. Coas Ogilvie Mountains éntrase na rexión das Rochosas canadenses, coa fosa das Montañas Rochosas, duns 1.600 km de lonxitude e de 3 a 25 km de anchura, de orixe preglacial. En EE UU, as Rochosas presentan un fraccionamento moito máis acentuado. De L a O, sitúanse as Rochosas propiamente ditas,...

Más >
Bolívar, cerro

Montaña do estado de Bolívar, en Venezuela, ao N do macizo da Guyana (802 m).

Más >
Loading