Temas
Aliñación montañosa de África, no N de Togo e Benín, duns 300 km de lonxitude e uns 40 km de anchura.
Aliñación montañosa do macizo de Manzaneda. Esténdese en dirección NO-SL polas parroquias de Requeixo (Chandrexa de Queixa), Pradoalbar, San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). Erguidos sobre unha litoloxía alternante de cuarcitas, granitos, xistos e lousa, presentan testemuños de actividade glaciar cuaternaria. Cunha altitude media superior aos 1.500 m, culmina nos 1.705 m do Seixo, no extremo setentrional da unidade. Polo seu interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico, foron declarados Parque Natural o 5 de xuño de 1997. Os queirogais nas abas, os bosques de ribeira e os soutos nas beiras dos ríos e os pasteiros nos cumios, forman, xunto coas plantacións de piñeirais, a cobertura vexetal deste espacio, situado no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. En época romana houbo explotacións auríferas.
Montaña dos Alpes Berneses, Suíza, ao O de Grindelwal. Destacan os montes Mittelhorn (3.701 m), Rosenhorn (3.689 m) e Wellhorn (3.192 m).
Montaña situada no centro-oeste da illa de Honshū, Xapón (3.063 m). É a segunda montaña sagrada do país, despois do Fuji-san.
