Rif

Rif

Cadea montañosa situada no NO de África que se estende en forma de arco desde o estreito de Xibraltar ata o val do río Mouloûya, bordeando a costa mediterránea de Marrocos. Non supera os 2.500 m de altura (Tidighine, 2.456 m). Habitada por tribos nómades e bérberes, foi dominada por Cartago (ss IV-III a C) e máis tarde por Roma. Invadírona os vándalos (s IV), despois pasou aos bizantinos, foi sometida polos árabes desde o s VI, e no s XV comezou a penetración portuguesa (1415) e castelá (toma de Melilla, 1497). Non tardou en quedar baixo dominio español, aínda que cunha oposición manifestada repetidamente. O conflito de 1909 coñécese como Guerra ou Campaña do Rif, ou Guerra de Melilla. En 1921 produciuse un grande alzamento que levou á Desfeita de Annual e en 1955, cando se creou o estado independente de Marrocos, incluíuse nel.