Temas

Okayama

Capital do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón (624.169 h [1997]). É o centro de servizos da área industrial do Sur-Okayama. Ten industrias téxtiles, de fibras sintéticas, químicas, de pneumáticos e estaleiros.

Máis >
Kurgan

Capital da oblast’ homónima de Rusia, situada na beira esquerda do río Tobol (363.000 h [1997]). É un núcleo industrial de construción de máquinas e industria lixeira e alimentaria.

Máis >
Omsk

Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.138.000 h [2000]). Situada na confluencia dos ríos Om’ e Irtyš, é a segunda cidade de Siberia, despois de Novosibirsk. Fundada en 1716 como fortaleza, é un núcleo industrial, con fábricas de maquinaria agrícola, refinaría de petróleo e industria lixeira.

Máis >
Darwin

Capital do estado do Territorio Norte, Australia, na costa do mar de Timor (86.600 h [estim 1998]). Importante porto pesqueiro e comercial, exporta principalmente produtos cárnicos e peixe. Tamén é sede dunha base militar naval.

Máis >
Canberra

Capital federal de Australia, que forma un estado propio, situada nunha chaira nos contrafortes dos Alpes Australianos, á beira do río Molonglo (2.400 km2; 332.100 h [1995]). O territorio da cidade e o distrito federal foron cedidos á federación polo estado de Nova Gales do Sur. En 1908 elixiuse a súa localización e en 1913 iniciouse a construción, paralizada durante a Primeira Guerra Mundial. En 1927 foron trasladados alí os organismos administrativos desde Melbourne. O deseño da cidade é un exemplo de plano urbano semicircular, obra do arquitecto Walter Griffin, formado por dúas partes: nunha sitúase o centro político e administrativo, e na outra o centro comercial.

Máis >
Pondicherry

Capital do territorio de Pondicherry, India, situado no golfo de Bengala (203.065 h [1991]). A súa economía baséase na industria téxtil de algodón e a alimentaria.

Máis >
Foc ani

Capital do judet de Vrancea, Romanía (101.296 h [1992]). É o centro comercial dunha rexión vitícola.

Máis >
Kostroma

Capital da oblast’ homónima, Rusia (286.000 h [1997]). É un antigo núcleo de industria téxtil, pero conta tamén con industria mecánica e da madeira.

Máis >
Qom

Capital do ostān homónimo, Irán (777.677 h [1996]). A tumba-mesquita de Fátima, irmá do imán Reza, converteuse no centro de peregrinación máis importante dos xiítas persas.

Máis >
Umeå

Capital do län de Västerbotten, Suecia (109.390 h [2004]). É o porto (anteporto de Holmsund) e un centro comercial da costa do golfo de Botnia, na desembocadura do río Ume.

Máis >
Loading