Temas

Mendoza

Capital da provincia de Mendoza, Arxentina (119.681 h [1999]). É un nó de comunicación entre a Pampa e os vales andinos e é tamén a primeira cidade vinícola do país. Fundada en 1561 por Pedro del Castillo, pertenceu ao territorio de Chile ata a creación do vicerreinado do Río de La Plata (1776).

Más >
Makurdi

Capital do estado de Benue, Nixeria, situada na ribeira S do río Benue (123.100 h [1996]).

Más >
Kermān

Capital do ostān de Kermān, Irán (384.991 h [1996]). É un núcleo téxtil e o principal centro comercial do SL do país.

Más >
Namur

Capital da provincia homónima, Bélxica, situada na confluencia do Sambre e do Mosa (105.248 h [2001]). Ten industria siderúrxica, fabricación de cerámicas, xabóns e coiros, e é un importante nó de comunicacións. Sede dun condado e cidade importante na Idade Media, na guerra que a monarquía hispánica e Francia mantiveron desde 1688, caeu en poder dos franceses. Reconquistada (1695) por Guillerme III de Inglaterra, stadhouder de Países Baixos, os franceses volvérona ocupar en 1746 e en 1792. Capital do departamento francés de Sambre-et-Meuse (1794-1814), incorporouse ao Reino de Países Baixos en 1815 e a Bélxica en 1830.

Más >
Chittagong

Capital da división homónima, Bangladesh, preto da desembocadura do río Karnaphuli (2.040.663 h [1991]). O seu porto, o máis importante do país, exportou xute e te, e importou trigo, metais e maquinaria. Segundo centro industrial do país con industria moi diversificada. Descuberta polos portugueses no s XVI, foi denominada Porto Grande.

Más >
Saarbrücken

Capital do land de Saarland, Alemaña, situada a ambas as dúas ribeiras do río Saar (183.836 h [2000]). É un importante centro industrial de siderurxia, metalurxia e maquinaria e un centro cultural con escolas técnicas, museos e bibliotecas.

Más >
Užhhorod

Capital da oblast’ de Transcarpacia, Ucraína (125.585 h [1999]). Situada á ribeira do río Už, afluente do Tisza, ten industrias da madeira, lixeiras e alimentarias. Fundada nos ss VIII-IX, pasou posteriormente a Hungría. En 1919 pasou a Checoslovaquia e, entre 1945 e 1991, á URSS, xunto coa Rutenia Carpática.

Más >
Inverness

Capital da rexión de Highlands, Escocia, Reino Unido (45.000 h [estim 2000]), situada no fondo da Moray Firth, na ría que forma a desembocadura do río Ness, emisario do lago homónimo. É un importante porto pesqueiro e comercial, núcleo turístico, ademais de centro da industria eléctrica, mecánica e das destilerías de whisky.

Más >
Loading