Salvador ou Bahia

Salvador ou Bahia
Nome científico: [antigo: São Salvador]

Capital do estado de Bahia, Brasil (2.439.981 h [2000]), situada na baía de Todos os Santos. Está formada por dous núcleos paralelos, a cidade baixa e a cidade alta, separados por un desnivel de 60 m. A cidade baixa reúne as actividades portuarias e comerciais, e a cidade alta, o antigo núcleo urbano arredor da catedral, é o centro administrativo. Ten industrias téxtiles, do coiro, do tabaco e refinarías de petróleo. Fundada en 1549 por Tomás de Souza, foi a capital de Brasil durante a administración da coroa portuguesa. Bispado desde 1551, prosperou rapidamente grazas ás plantacións de azucre e ao contrabando de materiais preciosos. En 1624-1625 foi ocupada polos holandeses, que despois foron expulsados. En 1763 a capital foi trasladada a Rio de Janeiro. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).