"Úrsula" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Escritora e tradutora. Catedrática de inglés e alemán, en 1968 estableceuse en Galicia e comezou a publicar as súas obras en galego. Colaborou en diversas revistas e xornais alemáns e galegos, como Dorna e A festa da palabra silenciada. Fundadora e presidenta do PEN Club Internacional en Galicia, publicou, entre outras obras, O soño perdido de Elvira M. (1982), Remuíños en coiro (1984), Arredor da muller en 18 mundos (1985), Anaiansi (1989), Mulleres (1991), Culpable de asasinato (1994, Premio Blanco Amor 1993), Confidencias (1992), Ambra (2001) e Torso (2002); ademais dos libros infantís, O buzón dos nenos (1985), Sempre Cristina (1986), A casa abandonada (1987, Premio Merlín, 1986), Xente coma min (1989), Nace un campión (1992) e Quérote (1994). No eido da tradución, cómpre salientar Y no dijo una sola palabra (1972), de Heinrich Böll,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Especializada en ciencia fición, escribiu The Left Hand of Darkess (1969), The Dispossessed (1974), o volume de poesía Wild Angels (1975) e The Compass Rose (1982). Obtivo o Premio Hugo (1988) ao mellor relato de ciencia ficción e o Premio Nebula (1900) á mellor novela, concedido pola Science Writers Fition of America (SWFA).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa de Tenerife (10.803 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do diminutivo feminino do latín ursus ‘oso’, isto é, ‘osiña’. Presenta a variante popular Órzula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? s V?) Personaxe lendaria, filla dun rei de Britania. Cando se ía desposar co rei pagán Conan, esixiulle o bautizo en Roma. Cara a alí embarcou con dez mozas e con mil virxes cada unha delas. Na viaxe de volta foron masacradas coas frechas dos hunos, en Colonia. De aí naceu o culto e a lenda das Once Mil Virxes, moi estendidos na cristiandade occidental. Iconográficamente representouse vestida cunha túnica cinguida e un manto, cunha coroa, e coa palma do martirio ou dúas frechas e un arco (atributo persoal), un estadarte e unha barca, habitualmente coas súas compañeiras. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.