"Ārsī" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 35.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero africano antepasado dos Tarsiformes.
-
PERSOEIRO
Pintora brasileira. Autora dunha obra de inspiración folclórica e surrealista. Foi discípula de Fernand Léger.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Etiopia (24.600 km2; 2.093.932 h [estim 1992]). A capital é Āsela (36.720 h [1984]).
-
-
Gas incoloro de olor aliáceo, obtido pola acción dos ácidos sobre arseniuros metálicos. É o produto que se identifica co ensaio de Marsh. A arsina utilízase en síntese orgánica para fabricar gases velenosos de guerra e como axente de excitación (dopaxe) de semicondutores para electrónica.
-
Por extensión, calquera dos derivados da arsina (hidruro de arsénico, AsH 3 ) por substitución progresiva dos hidróxenos por radicais orgánicos. Segundo o número de hidróxenos substituídos, divídense en arsinas primarias RAsH 2 , arsinas secundarias RR’AsH e arsinas terciarias RR’R”As. Os produtos de substitución do hidróxeno polos halóxenos nas moléculas das arsinas primarias e secundarias, así como os produtos de adición haloxenados das secundarias e terciarias, denomínanse haloxenoarsinas; moitas delas empréganse como agresivos químicos, por exemplo a metildicloroarsina e a lewisita, usadas durante a Primeira Guerra Mundial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RRf’As(O)OH. O máis coñecido é o ácido cacodílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RR’AsOH.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relato do mito babilónico do diluvio universal, reelaborado a partir dun mito sumerio anterior protagonizado por Ziusidra, que semella ter inspirado o mito hebreo de Noé. Nesta cosmogonía ou mito sobre as orixes, nárrase que o deus Enlil (a Terra) provocara un diluvio universal para exterminar á impía humanidade; Atraharsis sálvase mercede á intercesión de Enki (a Auga), que lle revela o que vai acontecer aconsellándolle construír un barco no que embarcar a súa familia e unha carga de animais de ambos sexos co obxectivo de poderen repoboar o mundo tralo desastre.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Varese, na rexión da Lombardía, ltalia, situada entre os ríos Ticino e Olona, nunha ampla meseta (77.465 h [1997]). A industria téxtil e a construción de maquinaria para a elaboración de plásticos, son as súas principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo en 1983 subtitulada “Revista-método para la excepción”. Trátase dunha revista bilingüe na que predomina a historieta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Baptiste du Val de Grâce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
persa.
-
PERSOEIRO
Humanista e filósofo italiano. Fundou e dirixiu en Florencia (1462) unha academia dedicada á restauración do pensamento platónico, ao que considerou compatible coas doutrinas cristiás. Desenvolveu unha teoría do amor platónico na que o amor é unha atracción que, desde un plano físico, ascende cara a un plano espiritual, que no seu fin leva o amante ata Deus. Traduciu do latín, entre outros, todos os Diálogos de Platón e as Eneades de Plotino. Das súas obras destacan o Symposium (1469) e a Theologia platonica (1473).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast´ de Kaškadarja, Uzbekistán (197.600 h [1999]). A súa economía baséase na industria téxtil e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xenio mítico das fontes e ríos de Asia Menor. Segundo o mito grego, competiu con Apolo na arte de tocar a dobre frauta. Apolo saíu vencedor e esfolouno.
-
REXIÓNS
Rexión dos Abruzos, Italia, que ten por centro a conca do Fucino, na provincia de L’Aquila. É unha rexión pobre e marxinada. En 1915 comezouse unha reforma agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás marsiliáceas.
-
Planta da familia das marsiliáceas.
-
Familia de fentos acuáticos que posúen o talo horizontal con follas filiformes ou cuadrifoliadas implantadas no talo pola parte superior, e raíces na inferior.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Adversario da supremacía do papado, escribiu o tratado Defensor pacis, onde defendeu a autonomía e independencia do poder político fronte ás pretensións do papado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral. En 1946 debutou no teatro profesional na compañía de Alejandro Ulloa, e pouco despois no cine co filme Mariona Rebull (1947). En 1977 foi nomeado director do Centro Dramático Nacional, e a mediados da década de 1980 fundou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. Foi director do Instituto de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura (1989-1990). Dirixiu obras de autores clásicos e modernos, das que destacan Marat-Sade (1968), Tartufo (1978) e El Misántropo (1997), e tamén de produción propia, como Yo me bajo en la próxima...y usted? (1982) e Tan lejos, tan cerca (1998). Recibiu o Premio Nacional de Interpretación (1960), o Premio Nacional de Teatro (1974), a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1991) e o galardón de honra dos premios Max de teatro (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao metatarso.
-
Aplícase a cada un dos cinco ósos do metatarso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao metatarso.