"Ǧ ṣ" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • PERSOEIRO

    Política birmana. Estudiou Filosofía, Ciencias Políticas e Economía en Gran Bretaña e, en 1989, foi cofundadora e secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia, movemento opositor á ditadura. Ese mesmo ano foi arrestada e mantida en residencia vixiada ata 1995. En 1991 concedéuselle o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme realizado nos EE UU en 1946 e dirixido por Howard Hawks. O guión é de W. Faulkner, L. Brackett e J. Furthman, baseado na novela homónima de R. Chandler. Foi interpretada por Humprey Bogart, Laurent Bacall, John Ridgely e Martha Vickers. Contratan o detective P. Marlowe para resolver a chantaxe que sofre Carme, unha rapaza rica e adicta ás drogas que se move en ambientes ilegais. Coas súas investigacións coñece a irmá de Carme, Vivian, da que se namora, mentres desenreda unha escura trama de asasinatos e crimes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (7.437 km2; 1.396.481 h [1995]). A capital é Ch’ŏngju (531.376 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rúa de Westminster (Londres) onde está situada, no número 10, a residencia oficial do primeiro ministro e o lugar de reunións do gabinete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (17.570 km2; 2.003.000 h [estim 1987]). A capital é Ch’ŏngjin (582.480 [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista ucraíno. Catedrático da Universidade de Pennsylvania desde 1947, especializouse primeiramente en lingüística semítica, e despois en lingüística estrutural. Cara ao 1953 introduciu na teoría lingüística o concepto de “transformación”, que el define como unha relación sistemática entre oracións de significado semellante pero estrutura sintáctica distinta. Destacan as súas obras Methods in Strutural Linguistics (1951), String Analysis of Sentence Struture (1962), Mathematical Strutures of Language (1968), Papers on Strutural and Transformational Linguistics (1970) e Papers on Syntax (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (7.017 km2; 598.882 h [1998]). A súa capital é Kâmpóng Spoe (7.334 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Koje 20.12.1927) Político surcoreano. Candidato do Partido Demócrata Liberal Democrático, asumiu a presidencia da República de Corea (1993-1998). Favoreceu a liberalización económica e puxo en marcha unha campaña fronte á corrupción administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (19.021 km2; 2.716.218 h [2000]). A súa capital é Taegu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (8.187 km2; 671.900 h [estim 1993]). A capital é Lang Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (12.681 Km2; 208.835 h [2000]). A capital é Mae Hong Son (7.197 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Descubriu, en 1879, a bacteria Micrococcus gonorrhoeae, xerme produtor da blenorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor en Colonia, Nuremberg e Múnic, proporcionoulle á ciencia a lei fundamental da corrente eléctrica que leva o seu nome. Estudou tamén a polarización das pilas e a interferencia dos raios polarizados nos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto instrumentalista e vogal inglés de rock and roll, formado en 1962 por Mick Jagger (voz); Keith Richard (guitarra solista); Brian Jones, substituído en 1969 por Mick Taylor e en 1975 por Ron Wood (guitarra rítmica); Bill Wyman (guitarra baixa); e Charlie Watts (batería). Dentro dos conxuntos da época decantáronse por un estilo agresivo. O seu primeiro grande éxito mundial chegou coa canción Satisfaction (1965). A partir das décadas de 1970 e 1980 afirmáronse esteticamente dentro dun novo clasicismo formal. Contan cunha variadísima discografía, da que destacan Beggars Banquet (1968), Sticky Fingers (1971), Some Girl (1978) e Bridges to Babylon (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi o principal representante do pragmatismo en Inglaterra, que denominou humanismo para recalcar a dimensión de satisfacción de necesidades ou utilidades humanas que caracteriza e dá valor a toda manifestación cultural. Corrixiu o relativismo do criterio pragmatista de verdade mediante o principio selectivo de eficacia social. Escribiu Studies in Humanism (1907 e Logic for Use. An introdution to The Voluntarist Theory of Knowledge (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital del sheng de Hebei, China, na rexión Norte (1.068.439 h [2000]). É un centro agrícola de trigo e algodón situado na planicie do Hutuō He.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e líder revolucionario laosiano. En 1945 proclamou a independencia co seu medio irmán Suvanna Fuma. Conseguida esta (1949), rexeitou o goberno do seu medio irmán e fundou o Pathet Lao (1950), que axiña iniciou unha guerra de guerrillas. Presidiu (1974) o goberno de reconstrución nacional do Phak Paxaxôn Pativat Lao (PPPL), e o golpe de estado de 1975 levouno á presidencia da república ata 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas do NL de China, entre os sheng de Shanxi, Hebei e Henan. Dominan e delimitan a chaira N do Huang He.

    VER O DETALLE DO TERMO