"ASV" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
RIOS
Río aragonés de 105 km de percorrido, afluente pola dereita do Ebro. Nace na serra de Cucalón e rega as hortas de Belchite (Zaragoza) e de Azaila (Teruel) mediante o encoro de Moneva. Recibe as augas do Moyuela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla empregada para designar aterraxe sen visibilidade.
-
FILOSOFOS
Filósofo budista e escritor hindú. É un dos fundadores do Budismo Mahāyāna. Nun dos seus escritos atacou o sistema de castes e sostivo que se era brāhman por sabedoría, non de nacemento. Escribiu unha biografía poética de Buda, Buddhācharita, e unha epopeia lírica do xénero kāvya, Saundarānanda (‘A bela beatitude’). O estilo, se ben primitivo, queda compensado pola mesura e a busca poética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rito especial da relixión hindú (‘sacrificio do cabalo’) consistente no sacrificio dun ou de diversos cabalos realizado polos antigos reis da India.
-
PERSOEIRO
Poeta xeorxiano romántico. A súa poesía, dunha gran simplicidade, rematou coa influencia que os persas, ampulosos e enfáticos, exercían na literatura xeorxiana. Entre outras obras escribiu: Suli ovoli (Alma solitaria, 1839) e Merani (O cabalo, 1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Khindasvinto.
-
PERSOEIRO
Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non para de moverse, de enredar ou de remexer onde non debe.
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (642-653). Fíxose proclamar rei ao destronar a Tulga. Reduciu a nobreza e obtivo do Concilio de Toledo (646) a excomuñón de todos os que conspirasen contra el. En 649 asociou ao trono o seu fillo Recesvinto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (56.566 km2; 1.222.581 h [1992]). A capital é Masvingo (51.743 h [1992]).
-
RIOS
Río cósmico da tradición védica. Signo da natureza non palpable, revela misteriosamente as Grandes Augas celestiais e domina o mundo dos soños e as intuicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Khindasvinto.