"ATG" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Textil de Galicia.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Antes de dedicarse á fotografía traballou como actor, pintor e mesmo como mariñeiro. As súas fotografías céntranse en temas monumentais e humanos da vida parisina nos primeiros anos do s XX, tales como rúas, tendas, interiores, parques e demais espacios. As súas creacións foron a miúdo utilizadas como fonte de inspiración por parte de artistas plásticos como Utrillo, Derain, Vlaminck e Kisling. A Fundación La Caixa dedicoulle unha exposición antolóxica (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fío realizado a partir do tecido conxuntivo do intestino dun animal, esterilizado e conservado, que se emprega en cirurxía para suturas internas xa que o organismo é capaz de absorbelo e, xa que logo, non se ten que retirar unha vez que a ferida cicatrizou.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Discípulo de L. Millet, E. Morera e J. Pahissa, a súa obra conseguiu unha gran proxección internacional. Despois do seu primeiro éxito, Cinco canciones negras (1945), experimentou con diferentes estilos e tendencias. Así, tivo unha época antillana (Cuarteto Indiano, 1951), abstracta (Concierto breve, 1953), impresionista (Sonatine pour Ivette, 1960) e ecléctica (Concertino 1+13, 1975). A súa produción operística limítase ás obras El gato con botas, Una voce in off e Babel 46 (1967, estreada en 1994). Recibiu o premio Ciutat de Barcelona (1982), o Premio Nacional de Música (1991) e a Medalla de Oro al Mérito en Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO